Sempre Son Os Mesmos Fillos De Puta

19.11.05

Un mundo feliz...?

A contemplación do rostro transfigurado dela converteuse de xeito inmediato nunha acusación e nun irónico recordatorio da súa propia soidade. Estaba agora tan miserablemente illado como o estivera antes de comezar o servicio; máis illado aínda por mor do baldeiro que seguía sen encher, da súa saciedade sen satisfacer; arredado e insatisfeito, mentres que os outros se fundiran co Supremo Ser; só, mesmo en brazos de Morgana; moito máis só, de feito, máis desesperadamente só, do que nunca estivera antes na súa vida. Saíra daquela penumbra carmesí á luminosidade eléctrica normal coa consciencia de si mesmo ampliada ata os límites da angustia. Era un perfecto coitado, e quizais (os seus ollos brillantes así o delataban), quizais fose a súa propia culpa.
- ¡Marabilloso de verdade! -repetiu.